Dende GPUL comprácenos anunciar a celebración das "I Xornadas sobre Hardware LIbre" os días 17 e 18 de maio de 2012 na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (Salón de Actos, andar 0).
Dende GPUL comprácenos anunciar a celebración do "IV Obradoiro de Criptografía, Privacidade e Seguridade" do 14 ó 16 de maio de 2012 na Facultade de Informática da Coruña (Salón de Actos, andar 0).
Como sempre, haberá charlas e obradoiros de expertos locais no campo,que expoñerán as últimas técnicas coas que están a traballar. Nesta ocasión, tamén, contamos coa presencia do gran especialista internacional o Doutor Ross Anderson, da Universidade de Cambridge, que impartirá a súa charla titulada "Cryptology and security – where is the research frontier?"
Podedes ver o programa do evento no seguinte enlace ou descargalo dende aquí. Podedes rexistrarvos no mesmo a través do seguinte enlace, así coma mantervos ó día das novas relacionadas.
Dende a directiva, agardamos a vosa asistencia, pero sobre todo que o pasedes ben e que lle deades a máxima difusión posible ó evento.
Dende GPUL comprácenos anunciar a celebración das "V Xornadas Multimedia" o 05 de maio de 2012 na Facultade de Informática da Coruña (Aula de Graos, andar 2 / Salón de Actos, andar 0).
Anexo a este comunicado está o programa do evento. Podedes rexistrarvos no mesmo a través do seguinte enlace, así coma mantervos ó día das novas relacionadas.
Dende a directiva, agardamos a vosa asistencia, pero sobre todo que o pasedes ben e que lle deades a máxima difusión posible ó evento.
Dende GPUL comprácenos anunciar a celebración das "XI Xornadas Libres" o 23 e 24 de abril de 2012 na Facultade de Informática da Coruña (Aula de Graos, 2º andar).
Anexo a este comunicado está o programa do evento. Podedes rexistrarvos no mesmo a través do seguinte enlace, así coma mantervos ó día das novas relacionadas.
Dende a directiva, agardamos a vosa asistencia, pero sobre todo que o pasedes ben e que lle deades a máxima difusión posible ó evento.
ACTUALIZACIÓN:
Debido a motivos de control de calidade das charlas, houbo modificacións importantes no programa das xornadas. Dende GPUL queremos pedir desculpas polas posibles molestias ocasionadas (pois ata o de agora nunca se dera un caso coma este), pero pensamos que é mellor ter poucas charlas e ben, que moitas e mal.
Adxunta a esta nova, tedes o programa actualizado. Así mesmo, tédelo dispoñible no enlace publicado anteriormente.
ACTUALIZACIÓN 2:
Debido a problemas de saúde do poñente, o obradoiro "Gestor de Proyectos. Redmine + GIT + Nginx" queda suspendido. No seu lugar farase unha proxección do documental "Revolution OS".
El próximo lunes 16, desde las 16:00, en el Salón de Actos de la Facultad de Informática se celebrará una interesante jornada sobre el presente y futuro de la nube. Dicho evento está organizado por Amazon Web Services y el Grupo de Arquitectura de Computadores de la FIC. El horario es el que sigue:
16:00 Inicio de la recepción de asistentes 16:30 Inauguración de la Jornada, con Alberto Valderruten, decano de la Facultade de Informática da Coruña (FIC) Fernando Suárez, presidente Colegio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG) Mario Herraiz, Amazon Web Services Iberia Manager
Últimos comentarios